Julieta Monginho

xurista e escritora portuguesa

Julieta Monginho, nada en Lisboa en 1958, é unha escritora portuguesa.

Julieta Monginho
Nacemento1958
Lugar de nacementoLisboa
NacionalidadePortugal
Ocupaciónescritora e xurista
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Licenciouse en Dereito, frecuentando o Centro de Estudos Judiciários en 1983 e foi maxistrada en Montemor-o-Novo entre 1985 e 1988, en Torres Vedras entre 1988 e 1990, en Sintra entre 1990 e 1994, e en Cascais entre 1994 e 1998. Entre 1998 e 2000, foi asesora no Supremo Tribunal de Xustiza de Portugal. Especializouse na xurisdición de Familia e Menores. Despois foi Procuradora Xeral Adxunta na Procuradoria Geral Regional de Lisboa. Destaca tamén como defensora dos dereitos humanos.[1]

Colabora regularmente en revistas literarias e xurídicas.[2]

Obras editar

  • Juízo perfeito (1996). Edições Asa. 224 páxs. ISBN 9789724117027. Ed. de 2019 en Porto Editora, ISBN 978-972-0-03144-0.
  • A paixão segundo os infiéis (1998). Dom Quixote. 256 páxs. ISBN 9789722014649.
  • À tua espera (2000). Dom Quixote. 276 páxs. ISBN 9789722017534.
  • Dicionário dos livros sensíveis (2000). Campo das Letras. 108 páxs. ISBN 9789726103592.
  • Os filhos de K (2001). Teodolito. 264 páxs. ISBN 9789898580351.
  • Onde está J.? : diário (2002). Campo das Letras. 264 páxs. ISBN 9789726105336.
  • A árvore no meio da sala (2003) (co-autora)
  • A construção da noite (2005). Dom Quixote. 225 páxs. ISBN 9789722029476.
  • A terceira mãe (2008). Campo das Letras. 280 páxs. ISBN 9789896252960.
  • António, Maria (2010). Edición especial e fóra de mercado en memoria dos pais.[3]
  • Metade maior (2012). Ed. Estampa. 160 páxs. ISBN 9789723326949.
  • Um muro no meio do caminho (2018). Porto Editora. 248 Páxs. ISBN 978-972-0-03030-6. Unha novela sobre a dura realidade dos refuxiados que, atravesando perigosamente o Mediterráneo, procuran unha nova casa en territorio europeo.[4]

Premios[5] editar

  • 2000: Prémio Máxima de Literatura, con À tua espera
  • 2008: Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB, con A terceira mãe
  • 2019: Prémio Fernando Namora, con Um muro no meio do caminho
  • 2019: Prémio PEN Clube Português, con Um muro no meio do caminho

Notas editar

  1. "Julieta Monginho: O mundo é uma biblioteca sem fronteiras - JPN". JPN - JornalismoPortoNet (en portugués). 2018-02-28. Consultado o 2020-04-07. 
  2. "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07. 
  3. "Julieta Monginho". Das Letras (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2020. Consultado o 2020-04-07. 
  4. "Julieta Monginho". Porto Editora. Consultado o 2020-04-07. 
  5. "Julieta Monginho. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar