Juliano Roberto Antonello

futbolista brasileiro

Juliano Roberto Antonello, máis coñecido como Juca, nado en Passo Fundo o 19 de novembro de 1979, é un futbolista brasileiro. Xoga de mediocentro defensivo e o seu equipo actual é o Dubai CSC. Na súa estadía de dous anos no FK Partizan foi alcumado coma O bombardeiro brasileiro do Partizán.

Juca
Información persoal
Nome Juliano Roberto Antonello
Nacemento 19 de novembro de 1979 (41 anos)
Lugar de nacemento Passo Fundo
Altura 1,79 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Dubai
Número 14
Carreira xuvenil
1998–2000 Internacional
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2001 Internacional 23 (3)
2002–2003 Criciúma 12 (0)
2003 Marília 20 (5)
2004 Fluminense 26 (0)
2005 Botafogo 29 (4)
2006 Guarani 1 (0)
2006–2007 Botafogo 13 (2)
2007–2009 Partizan 43 (7)
2009–2011 Deportivo da Coruña 24 (3)
2011–2012 Ceará 25 (2)
2012–2013 Dubai 15 (1)
2014- Novo Hamburgo
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 28 de abril de 2013.
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Juca comezou a súa carreira no Internacional de Porto Alegre en 1999, xogando como mediapunta. Sobrino do famoso exjugador e adestrador Paulo César Carpegiani, non tardou en destacar pola precisión e potencia dos seus lanzamentos de falta. Pronto atrasaría a súa posición, pasando a xogar como mediocampista defensivo.

Tras defender as cores do Criciúma e do Marília, en 2004 Juca fichou polo Fluminense, e ao ano seguinte polo Botafogo, club ao que volvería en 2006 tras un breve paso polo Guaraní, e no que se alzaría en 2007 coa Copa de Río.

En 2007 é transferido ao Partizán de Belgrado, onde incrementou o seu palmarés con senllos dobretes, vencendo a Superliga e a Copa nas dúas tempadas nas que militou no equipo balcánico. Nelas confirmou a potencia do seu disparo, anotando 10 goles e gañándose o alcume de "o bombardeiro brasileiro".

En maio de 2009 asinou por dúas tempadas polo Deportivo da Coruña, coa misión de cubrir a baixa do canadense Julián de Guzmán. Debutou na primeira división española de fútbol o 29 de agosto dese mesmo ano no estadio Santiago Bernabéu, fronte ao Real Madrid.

PalmarésEditar

Campionatos nacionaisEditar

Título Club Ano
Liga Estatual de Rio Grande do Sul 1997
Taça Rio   Botafogo 2007
Copa de Serbia   FK Partizan 2008
Superliga de Serbia   FK Partizan 2008
Copa de Serbia   FK Partizan 2009
Superliga de Serbia   FK Partizan 2009

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar