Julia Ibarra

profesora, filóloga e escritora galega


Julia Ibarra Perez-Campoamor, nada en Lugo en 1923 e finada en Oviedo en maio de 2002, foi unha profesora, filóloga e escritora galega en lingua castelá.

Infotaula de personaJulia Ibarra
Biografía
Nacemento1923 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 2002 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua latina Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Lugo Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncatedrática de bacharelato (1954–), filóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIgnacio de la Concha Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Lugo, onde o seu pai estaba destinado como fiscal[1]. Foi catedrática de Latín en institutos de Xirona, Lugo, no Aramo de Uvieu e no Doña Ximena de Xixón.

Deuse a coñecer como escritora en 1983, coa publicación de La melodramática vida de Carlota Leopolda, libro composto pola novela curta do mesmo título e 14 relatos. En 1987 foi galardoada co Premio Tigre Juan por Sasia la viuda, editada a posteriori pola editorial Júcar.[2] O libro é unha recreación novelada dun feito histórico na Roma clásica.

Estivo casada con Ignacio de la Concha, catedrático de Historia do Dereito da Universidade de Uvieu.[3].

Libros editar

  • La melodramática vida de Carlota Leopolda (1983)
  • La mecedora (1986)
  • Sasia la viuda (1987)
  • Cuentos de ánima trémula (1989)
  • Mujeres en el sofá (1995)
  • Todas adorábamos el negro (1997)

Notas editar

  1. "Julia Ibarra, escritora", necrolóxica de Javier Cuartas en El País, 8 de maio de 2002 (en castelán).
  2. Premio Tigre Juan Arquivado 09 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., na páxina web do concello de Oviedo (en castelán).
  3. "Muere la escritora asturiana Julia Ibarra, premio «Tigre Juan» en 1987" Arquivado 09 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., artigo na páxina web de Septem, 6 de maio de 2002 (en castelán).