Julia

linguaxe de programación

Julia é unha linguaxe de programación de alto nivel e dinámica que se deseñou pensando na actual necesidade da alta eficiencia numérica e computacional das ciencias, sen deixar de lago a programación de propósito xeral [6][7][8][9], uso na web [10][11] ou como linguaxe de especificación[12]. Julia xorde en 2009 como un proxecto aberto que comezaron Stefan Karpinski, Viral Shah, Alan Edelman e Jeff Bezanson, coa intención de crear unha linguaxe rápida e sinxela de aprender, e que fose escalable.[13] Está orientada a aplicarse en ciencias como a física, a ecoloxía, as finanzas, a robótica e similares.[13] Busca ser de rápida execución, como as linguaxes estáticas como C ou Fortran, e ao mesmo tempo de rápido desenvolvemento, como R e Python.[13] É de código aberto e ten unha licenza MIT.

Julia
ParadigmaMultiparadigma: orientado a obxectos, funcional, procedural, meta
Data2012
DeseñadorJeff Bezanson, Stefan Karpinski, Viral B. Shah, Alan Edelman
DesenvolvedorJeff Bezanson, Stefan Karpinski, Viral B. Shah e outros.[1][2]
Última versión0.6.2[3][4]
Influído porC, Fortran, Lisp, Lua, Mathematica[5], MATLAB, Perl, Python, R, Ruby, Scheme
Sistema operativoMultiplataforma (GNU/Linux, Mac OS X, Windows e outros)
LicenzaMIT (con algún código de proxectos BSD-3, LGPLv2 ou LGPLv3+, GPLv2 ou GPLv3+)
Webjulialang.org

Os aspectos que destacan da linguaxe Julia son que o seu paradigmas de programación está no seu sistema de polimorfismo paramétrico, os tipos propios dunha linguaxe totalmente dinámica, en ser paralela e distribuída e ter un paradigma de ligazóns dinámicas. Ten a capacidade de chamar ás librarías das linguaxes C e Fortran sen código intermedio. Julia emprega a recolección de lixo[14], usa unha avaliación continua e librarías eficientes para o cálculo de puntos flotantes, álxebra lineal, xeración de números aleatorios, transformacións de Fourier rápida e busca de expresións regulares.

Notas editar

  1. "LICENSE.md". GitHub. 
  2. "Contributors to JuliaLang/julia". GitHub. 
  3. "Julia Downloads". JuliaLang.org. Consultado o 03/01/2018. 
  4. The Julia Community (27 de xuño de 2017). "Julia 0.6 Release Announcement". 
  5. Estritamente só a súa linguaxe Wolfram.
  6. "The Julia Language". 
  7. Bryant, Avi (15 de outubro de 2012). O'Reilly Strata, eds. "Matlab, R, and Julia: Languages for data analysis". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2013. Consultado o 03 de xaneiro de 2018. 
  8. Krill, Paul (18 de abril de 2012). "New Julia language seeks to be the C for scientists". InfoWorld. 
  9. Finley, Klint (3 de febreiro de 2014). Wired, eds. "Out in the Open: Man Creates One Programming Language to Rule Them All". 
  10. shashi en github.com (eds.). "Escher lets you build beautiful interactive Web UIs in Julia". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 03 de xaneiro de 2018. 
  11. node-julia (eds.). "Getting Started with Node Julia". 
  12. Moss, Robert (26 de xuño de 2015). "Using Julia as a Specification Language for the Next-Generation Airborne Collision Avoidance System". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 03 de xaneiro de 2018. Airborne collision avoidance system 
  13. 13,0 13,1 13,2 Suparna Dutt D'Cunha (20/09/2017). forbes.com, eds. "The Little Black Book of Billionaire Secrets. How A New Programming Language Created By Four Scientists Now Used By The World's Biggest Companies". 
  14. groups.google.com (eds.). "Suspending Garbage Collection for Performance...good idea or bad idea?". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar