Abrir o menú principal

Juan de Alfaro

Xoán de Alfaro e Gámez

Juan de Alfaro Gámez, nado en Córdoba en 1643 e finado na mesma cidade en 1680, foi un pintor barroco andaluz.

Juan de Alfaro
MBACO-donbernabeochoa juandealfaro.jpg
Nome completoJuan de Alfaro y Gámez
Nacemento1643 e anos 1640
 Córdoba
Falecemento1680 e 30 de abril de 1680
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun fidalgo boticario, foi discípulo do pintor cordobés Antonio del Castillo. Antonio Palomino, que gozou da súa protección, afirma que antes de cumprir os vinte anos foi enviado a Madrid con cartas de recomendación abondo para entrar a traballar baixo a disciplina de Velázquez, afeccionándose durante a súa estanza na corte á pintura de Anton van Dyck, cuxas novidades introduciu logo en Córdoba.

De ascendencia nobre e notario do Santo Oficio da Inquisición, ademais de administrador de Rendas Reais, «algo esvaecido do renome de pintor» segundo Palomino, quixo ser coñecido como "Don Juan de Alfaro". Pintor do Almirante de Castela, don Juan Gaspar Enríquez de Cabrera, Palomino alude a un elevado número de retratos feitos por el tanto en Córdoba como en Madrid, dos que unicamente se conservan os dalgúns membros da familia de don Juan Morales, cabaleiro vinte e catro da cidade de Córdoba, o de don Bernabé Ochoa de Chinchetru, cabaleiro da Orde de Santiago, datado en 1661 (Museo de Belas Artes de Córdoba), e algún máis na Galería de retratos de bispos de cordobeses.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Palomino, Antonio (1988). Madrid : Aguilar S.A. de Ediciones, ed. El museo pictórico y escala óptica III. El parnaso español pintoresco laureado. ISBN 84-03-88005-7. 
  • Pérez Sánchez, Alfonso E. (1992). Pintura barroca en España 1600-1750, pág. 389. Madrid : Ediciones Cátedra. ISBN 84-376-0994-1. 
  • Raya Raya, Mª Ángeles (1986). Córdoba : Publicaciones del Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Córdoba, ed. Córdoba y su pintura religiosa (s. XIV-XVIII). ISBN 84-7580-225-0. 

Ligazóns externasEditar