Juan Segade Vidal

médico e político galego

Juan Segade Vidal, nado en Melide en 1888 e finado no mesmo concello o 3 de setembro de 1947, foi un médico e político galego.

Infotaula de personaJuan Segade Vidal
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
Melide, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Melide, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1920.[1] Médico de asistencia pública domiciliaria do Concello de Melide dende 1924.[2] Foi cabo do Somatén de Melide en 1927.[3] Na República estivo adscrito ao Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 instruíronlle un expediente instigado pola Falange de Melide. Estivo agochado no convento dos frades Pasionistas de Melide. Foi destituído como médico municipal en 1937. Foi multado con dez mil pesetas e desterrado a Vimianzo polo gobernador civil por desafecto ao réxime en setembro de 1937.[4] Retornou a Melide, e foi recadador e axente executivo de contribucións da zona de Arzúa. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[5] Abriu en Melide o Sanatorio Quirúrgico del Carmen en 1945. Axudou ao guerrilleiro Curuxás en varias ocasións. Finou en Melide o 3 de setembro de 1947.[6]

Vida persoal editar

Casou en Melide con Carmen Rodríguez Prado en 1911,[7] e foi pai de Rafael (que finou en Melide o 9 de xuño de 1940 aos 23 anos) e María Amelia Segade Rodríguez.[8]

Notas editar

  1. El Eco de Santiago, 25-5-1920, p. 1.
  2. El Ideal Gallego, 2-10-1924, p. 4.
  3. El Eco de Santiago, 30-7-1927, p. 2.
  4. El Compostelano, 17-9-1937, p. 2.
  5. BOE, 15-9-1942, p. 3618-3619.
  6. Necrolóxica en La Noche, 3-9-1947, p. 3.
  7. El Diario de Pontevedra, 11-12-1911, p. 2.
  8. El Ideal Gallego, 28-6-1944, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar