Juan Ponte Blanco

xornalista galego

Juan Ponte Blanco, nado na Coruña en 1851 e finado en Betanzos o 9 de febreiro de 1920, foi un xornalista galego.

Juan Ponte Blanco
Nacemento1851
 A Coruña
Falecemento9 de febreiro de 1920
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Músico, deu clases de piano. Estableceu unha academia de música en Betanzos e foi animador de agrupacións musicais da localidade. Colaborou en El Progreso e Otro Pueblo e foi director de La Aspiración, Nueva Era, Betanzos Liberal e Betanzos. É autor dun monólogo dramático titulado Delirio y Remordimineto, estreado en 1915.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar