Juan Penabad Muras

político e enxeñeiro forestal galego

Juan Vicente Penabad Muras, nado en Ortigueira o 20 de maio de 1969, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaJuan Penabad Muras
Biografía
Nacemento20 de maio de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ortigueira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro forestal Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Enxeñeiro forestal de fomación, traballou dende 1989 na empresa privada. Nas eleccións municipais de 2011 foi o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ortigueira, conseguindo doblar a representación do partido (de 3 a 6 concelleiros) e quedando a tan só un concelleiro de gañarlle ao PPdeG e consegui-la alcaldía. Nas municipais de 2015 foi de novo candidato socialista e foi elixido alcalde con maioría absoluta, con 7 concelleiros, sendo o primeiro alcalde socialista de Ortigueira en toda a democracia. Nese mandato foi designado deputado provincial. Durante esa lexislatura sufriu unha escisión de 3 concelleiros no seu grupo político que o deixaron en minoría.

Volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE nas municipais de 2019 e volveu gañar, pero perdeu a maioría absoluta (conseguiu 6 concelleiros), conseguindo acceder á alcaldía coa abstención do único concelleiro da formación Primeiro Ortigueira, ao ser o cabeza da lista máis votada e gobernando en minoría. A finais de 2020 dimitiron 3 edís por discrepancias, pero ó renunciar estes ás dúas actas foron cubertas por outros membros da lista. Nas elección locais de 2023 pasou a 4 concelleiros e perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que conseguiu 5.


Predecesor:
Rafael Girón Martínez
  
Alcalde de Ortigueira
 
2015 - 2023
Sucesor:
Valentín Calvín Fondevila

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar