Juan Monjardín

futbolista galego
(Redirección desde «Juan Monjardín Callejón»)

Juan Monjardín Callejón, nado na Coruña o 24 de abril de 1903 e finado en Villatobas (provincia de Toledo) o 13 de novembro de 1950[1], foi un futbolista galego que xogaba de dianteiro. Xogador histórico do Real Madrid Club de Fútbol, foi internacional absoluto coa selección española, coa que disputou os Xogos Olímpicos de París de 1924, onde o seu equipo caeu eliminado fronte a Italia na rolda preliminar.[2]

Monjardín
Información persoal
Nome Juan Monjardín Callejón
Nacemento 24 de abril de 1903
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 13 de novembro de 1950
Lugar de falecemento Villatobas
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1919-1929 Real Madrid 74 (55)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Tras comezar a súa carreira deportiva no Racing Club de Madrid, ingresou no Madrid Foot-ball Club, antiga denominación do Real Madrid Club de Fútbol, a finais da tempada 1918-19 con idade cadete. A pesar da súa idade precoz e debutar co primeiro equipo esa mesma tempada nun partido do Campionato Rexional Centro, converteuse rapidamente nun dos referentes atacantes do club na época.

Divididos entre o citado torneo rexional e o Campionato de España, coñecido como Copa do Rei, que eran as únicas competicións oficiais que se disputaban no territorio español, acumulou un total de 55 goles en 74 partidos sendo un dos mellores atacantes da curta historia da entidade madrileña. No momento da súa retirada tanto do club como do fútbol en 1929 coa temperá idade de 26 anos, converteuse no segundo máximo goleador do conxunto madridista, sendo unicamente superado polos 68 goles do seu coetáneo e compañeiro de equipo Santiago Bernabéu. É posible que se debese posiblemente á chegada ese mesmo ano de dous xogadores que acabaron por ser tamén referentes atacantes e históricos do club, o valenciano Gaspar Rubio e o navarro Jaime Lazcano, ambos máis novos que o galego, e que remataron por bater o seu rexistro goleador no club.

A mesma tempada da súa retirada inaugurouse o Campionato Nacional de Liga de Primeira División. Ao disputar un único partido, que foi ademais o único que disputou esa tempada, converteuse nun dos 19 xogadores do club con presenza nesa histórica primeira edición.[3]

En 1943, anos despois da súa retirada profesional, o club branco organizoulle un partido homenaxe que enfrontou aos madrileños contra o FC Barcelona, finalizando con empate a un gol.[4]

Faleceu nun tráxico accidente de tráfico, nas proximidades de Villatobas, Toledo, o 13 de novembro de 1950.[5]

Selección editar

Debutou coa selección española en Lisboa o 17 de decembro de 1922 contra Portugal. Foi unha das catro veces que foi internacional con España ao longo da súa carreira.

Palmarés editar

Notas editar

  1. García Domínguez, R. (15 de novembro de 1950). "La tragedia del ex delantero centro". La Noche. 
  2. "Xogos Olímpicos París 1924". Páxina oficial da FIFA (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  3. "Xogadores do Real Madrid 1928-1929". BDFútbol (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  4. "Un Madrid-Barcelona de homenaxe a Monjardín" (PDF). Mundo Deportivo. 23 de setembro de 1943. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  5. "Monjardín muere en un accidente de coche cuando volvía de cazar". El Mundo (en castelán). 15 de novembro de 1950. Consultado o 25 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar