Juan Martínez Fontenla
político galego
Juan Martínez Fontenla, nado na Coruña o 19 de outubro de 1906, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1906 (117 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarIngresou no PSOE en xuño de 1931 e tamén pertencía a UGT. Secretario da Agrupación Socialista da Coruña en 1936, acudiu ao Congreso da Federación Local da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao golpe, e unha vez que triunfou, agochouse. Procesado por roubo de armas no Palacio de Xustiza xunto con José María Galán Becerra e Francisco Naya Mariñas, foi reclamado polo Xulgado de Instrución da Coruña en xuño de 1937.[1] Exiliado en México onde chegou procedente de Portugal en febreiro de 1947. En México pertenceu á Agrupación Socialista Española.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 23-6-1937, p. 4.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Juan Martínez Fontenla na páxina web Nomes e Voces.