Juan Manuel López Barreira
Juan Manuel López Barreira, nado en Lantaño (Portas), é un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Portas |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarCorrespondente de Faro de Vigo en Portas.[1] Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do CDS en Portas e foi elixido alcalde como cabeza de lista máis votado, gobernando inicialmente con apoios puntuais dos outros grupos e posteriormente en coalición cos socialistas. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Independentes Parroquias Unidas de Portas (PUP) e foi reelixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, co cal formou un goberno de coalición. Ó ano seguinte, tralo abadono do goberno do candidato tránsfuga do PSdeG, José Antonio Gómez Iglesias, o PPdeG presentou unha moción de censura co apoio deste e o 15 de maio de 1992 foi desbancado da alcaldía. Ó pouco tempo renunciou como concelleiro e alonxouse da primeira liña política. No 2015 formou parte, como independente e suplente, da candidatura de unidade de forzas progresistas que concorreu baixo o paraugas do BNG.
Predecesor: Luis Alfonso Leste |
Alcalde de Portas 1987 - 1992 |
Sucesor: Roberto Vázquez Souto |
Notas
editar- ↑ Faro de Vigo, 1-10-1981, p. 22.