Xoán Antonio García de Bouzas

pintor español
(Redirección desde «Juan Antonio García de Bouzas»)

Xoán Antonio García de Bouzas, nado antes de 1680 e finado o 23 de maio de 1755, foi un pintor do barroco galego.

Modelo:BiografíaXoán Antonio García de Bouzas
Biografía
Nacementodécada de 1680 Editar o valor en Wikidata
Morte23 de maio de 1755 Editar o valor en Wikidata (65/75 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

BUSC: garcia-de-bouzas-juan-antonio-1670-1755
Aprobación da regra de San Francisco polo papa Inocencio, óleo sobre lenzo, 170 x 234 cm, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Traxectoria

editar

O pintor Xoán Antonio García de Bouzas, denominado ás veces nos documentos Juan Antonio das Bouças, naceu probabelmente na cidade de Santiago de Compostela antes do 1680; faleceu na mesma cidade.

Marchou novo a Madrid onde foi discípulo de Lucas Jordán. Á súa volta da capital, casou con Andrea de Castro Calo, da que tivo tres fillos, entre eles Miguel Antonio, que sería tamén pintor. Falecida a súa dona, volveu casar con Xoana Abad de Castro, tendo tres fillas máis.

A escasa demanda de obras pictóricas fixo que García de Bouzas se dedicase á pintura litúrxica, decorando e dourando retablos e imaxinería, labor no que os pedidos eran abundantes.

Como verdadeiro pintor García de Bouzas tivo como comitentes á Catedral de Santiago (que o nomea ministro de fábrica en 1711) e outras institucións relixiosas, tanto compostelás como de diversos lugares galegos.

  • Aparición da Virxe a un leigo dominico, 1721 (Sto. Domingos, Lugo)
  • Aparición da Virxe a Santiago, ca. 1722 (retablo da Capela do Pilar, Catedral de Santiago)
  • Santiago o Maior, sedente, 1748 (antesacristía da Catedral de Santiago)
  • Santo André
  • San Pedro Apóstolo
  • Cristo camiño do Calvario (sala capitular, Catedral de Santiago)
  • Retrato de Alonso de la Peña, bispo de Quito
  • Retrato de Fernando VI (1751)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar