Josephine Cochrane
Josephine Garis Cochrane, nada o 8 de marzo de 1839 no condado de Ashtabula (Ohio) e finada o 14 de agosto de 1913 en Chicago, foi a inventora da primeira lavalouza automática con éxito comercial, que construíu xunto co mecánico George Butters.[1]
Josephine Cochrane | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Josephine Garis Cochrane |
Nacemento | 8 de marzo de 1839 |
Lugar de nacemento | Condado de Ashtabula, Ohio, ![]() |
Falecemento | 14 de agosto de 1913 (74 anos) |
Lugar de falecemento | Chicago, Illinois, ![]() |
Causa | doença cerebrovascular |
Nacionalidade | Estadounidense |
Ocupación | Inventora |
Nai | Irene Fitch |
Coñecida por | Inventar a lavalouza |
Premios | Salón da Fama dos Inventores Nacionais |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Primeiros anosEditar
Era filla de John Garis, un enxeñeiro civil, e Irene Fitch Garis. Tiña unha irmá, Irene Garis Ransom.[2] O seu avó materno John Fitch tamén foi inventor e tiña a patente do barco de vapor. Cochrane medrou en Valparaiso, Indiana, onde asistiu a unha escola privada até que esta foi calcinada polo lume.
Matrimonio e fillosEditar
Despois de mudarse coa súa irmá á vila de Shelbyville en Illinois, casou con William Cochran o 13 de outubro de 1858, quen retornara tras probar sorte sen éxito na Febre do ouro de California.[3][4] Tiveron dous fillos, Hallie e Katharine Cochran.[5] Co tempo el fíxose un próspero home de negocios e político do Partido Demócrata dos Estados Unidos.
En 1870 trasladáronse a unha mansión e comezaron a organizar ceas e festas nas que dicían empregar un servizo de pratos chineses datados do 1600. Despois dun evento no que os criados trataron sen coidado os pratos facéndolles unha fenda, Cochrane comezou a buscar unha alternativa máis segura para lavalos.[6] Ela quixo sempre aliviarlles ás amas de casa a tarefa de lavar a louza despois das comidas.[7]
O seu home morreu en 1883 cando tiña 45 anos, deixándoa con numerosas débedas. Isto motivouna para desenvolver a lavalouza. Conservou o apelido de William, pero engadiu un "e" ao final trala súa morte.
As súas amigas estaban tan impresionadas coa súa invención que fixo lavalouza tamén para elas baixo o nome de "Cochrane Dishwashers". Máis tarde fundou a empresa de manufactura Garis-Cochran.
Morte e recoñecementoEditar
Josephine morreu dun ictus en Chicago o 14 de agosto de 1913, e foi soterrada no cemiterio Glenwood en Shelbyville, Illinois.[8] En 2006 foi incluída no National Inventors Hall of Fame.[9]
NotasEditar
- ↑ Cole, David John, Browning, Eve e Schroeder, Fred E. H. (2003). Greenwood Publishing Group, ed. Encyclopedia of Modern Everyday Inventions. p. 100. ISBN 978-0-313-31345-5.
- ↑ Soylent Communications, ed. (2014). "NNBD tracking the entire world". Consultado o 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ Forgotten Newsmakers: JOSEPHINE COCHRANE (1839-1913) Invented the Dishwasher
- ↑ "Engines of our Enginuity". 1999. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ "NNBD tracking the entire world". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Sobey, Ed (1 de abril de 2010). Chicago Review Press, ed. The Way Kitchens Work: The Science Behind the Microwave, Teflon Pan, Garbage Disposal, and More. pp. 41–. ISBN 978-1-61374-307-2.
- ↑ Eldis Group Partnership, ed. (2015). "Inventing the Dishwasher". Consultado o 10 de xaneira de 2017.
- ↑ Cook's Info, ed. (1998). "Cook's Info". Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ Invent.org (ed.). "Spotlight | National Inventors Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.