Joseph Fadelle
Joseph Fadelle, nado como Mohamed al-Sayid al-Musawi (en árabe: محمد السيد الموسوي) en 1964 en Iraq, é un escritor franco-iraquí, converso do islam xiíta ao catolicismo.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Iraq |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Iraq Francia |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | autobiógrafo |
Xénero artístico | Prosa |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarNaceu nunha familia xiíta ben posicionada de Iraq. Converteuse a raíz dunhas conversacións mantidas cun cristián co que viviu cando facía o servizo militar en 1987, e logo dun estudo do Alcorán e da Biblia.
En 1992 o seu pai concertou o seu matrimonio cunha rapaza musulmá chamada Anwar. Durante ese tempo acudía á igrexa en segredo, e contactou cun misioneiro que aceptou darlle a instrución necesaria para recibir o bautismo.
Agochou a súa conversión durante varios meses, incluso á súa familia. Descubriuno a súa dona, quen posteriormente tamén adoptou o cristianismo. En 2007, cando na súa familia souberon da súa conversión, foi detido e torturado durante varios meses á instancia do seu tío.
Por mor dunha fatua contra a súa muller e el mesmo, tiveron que deixar o país. Finalmente, chegaron a Xordania en abril de 2000, e foron bautizados. En decembro do mesmo ano, a súa familia atopouno alí e tentaron asasinalo, deixándoo cando pensaban que estaba morto.
Cando se recuperou, marchou coa súa familia a Francia en 2001, onde reside dende entón, onde ten protección policial.
En marzo de 2010 publicou un libro autobiográfico, Le Prix à payer, que tivo un grande éxito de vendas en Francia, e que ten sido traducido ao inglés, portugués, castelán, italiano, neerlandés, alemán, esloveno e polaco.
Obra
editar- L'Œuvre Éditions, ed. (2010). Le Prix à payer.