Josep Maria Subirachs
Josep Maria Subirachs i Sitjar, nado en Barcelona o 11 de marzo de 1927, e finado ibídem o 7 de abril de 2014, foi un escultor, pintor, gravador, escenógrafo e crítico de arte catalán. Foi un dos escultores contemporáneos con máis prestixio internacional, como se pode ver nos seus múltiples galardóns e recoñecementos, así como da presenza da súa obra en museos e lugares públicos de cidades de todo o mundo, mais principalmente Barcelona. Tamén participou nunha gran cantidade de exposicións tanto colectivas como individuais, en museos e galerías públicas e privadas.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1927 ![]() Barcelona, España ![]() |
Morte | 7 de abril de 2014 ![]() Barcelona, España ![]() |
Causa da morte | párkinson ![]() |
Relixión | Agnosticismo ![]() |
Educación | Escola de Llotja ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bélxica (1954–1956) Barcelona Barcelona ![]() |
Ocupación | pintor, escenógrafo, crítico de arte, escultor, artista visual ![]() |
Membro de | |
Profesores | Enric Monjo ![]() |
Participou en | |
19 de xuño de 2002 | Manifesto contra a morte do espírito e da terra ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Roger Subirachs i Burgaya, Judit Subirachs ![]() |
Premios | |
Sitio web | subirachs.cat ![]() |
![]() |
Artista polifacético, Subirachs destacou especialmente na escultura, pero tamén noutras técnicas como a pintura, o debuxo, o gravado, o cartel, o tapiz, a ilustración de libros, o deseño de xoias e o acuñamento de medallas. Tamén realizou escenografías para prestixiosas montaxes de obres de teatro e ballet. Exerceu de mestre de arte e, no eido teórico, como escritor e colaborador en revistas e xornais, crítico de arte e conferenciante en universidades e academias arredor do mundo. Na súa longa traxectoria pasou por varias fases —mediterránea, expresionista, abstracta, neofigurativa—, períodos sempre caracterizados polas formas xeométricas, as liñas rectas e angulosas e as texturas rugosas.[2]
Notas
editar- ↑ "Josep Maria Subirachs i Sitjar". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ "Nota biogràfica". www.subirachs.cat. Consultado o 2021-05-15.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josep Maria Subirachs |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en catalán)