Abrir o menú principal

TraxectoriaEditar

Nacido nunha familia de hostaleiros, o máis grande de tres irmáns, creou unha importante empresa de explotación da sobreira. Cabeza do republicanismo catalanista nas comarcas xerundenses, foi alcalde de Sant Feliu de Guíxols (1909) e en 1911 deputado provincial de Xirona e, como tal, membro da Asemblea da Mancomunidade. Coa chegada da República incorporouse a Esquerra Republicana de Catalunya, con quen foi deputado ao Congreso español.

Foi o último presidente do Parlamento de Cataluña (1938) antes do fin da guerra civil. En xaneiro de 1939 exiliouse en Francia, e tras o fusilamento de Lluís Companys (1940) asumiu a presidencia da Generalitat. organizou o goberno ao exilio, con Josep Tarradellas como primeiro conselleiro. Dimitiu en 1954, e morreu o 19 de setembro de 1958 a Saint-Raphaël, Provenza (Francia).[1]

En 1981 os seus restos serían trasladados e inhumados a Sant Feliu de Guíxols, tras recibir honras oficiais. Hoxe en día, a Fundación Josep Irla asumiu a tarefa de manter a honra do presidente e de conservar o seu legado ideolóxico.

NotasEditar

Véxase taménEditar