Josefa María Barrera Izaguirre
Josefa María Barrera Izaguirre, nada como María del Carmen en Ferrol o 23 de marzo de 1881 e finada mártir en Madrid o 18 de novembro de 1936,[1] foi unha relixiosa católica galega, beata da Igrexa católica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1881 Ferrol, España |
Morte | 18 de novembro de 1936 (55 anos) Madrid, España |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Enaltecemento | |
Traxectoria
editarNaceu en Ferrol en 1881. O 15 de outubro de 1918 entrou no primeiro mosteiro da Visitación en Madrid, das salesas, tomando o nome relixioso de Josefa María. Cando a comunidade marchou a Oronoz-Mugairi (Navarra), ela permaneceu en Madrid xunto a outras seis irmás da súa orde.
O 18 de xullo de 1936 deixaron o mosteiro e agocháronse nun piso na cidade. Logo de sufrir varios rexistros, foron denunciadas por relixiosas, e o 18 de novembro foron detidas e posteriormente fusiladas.
Culto
editarFoi beatificada por Xoán Paulo II na basílica de San Pedro o 10 de maio de 1998, xunto a outras nove relixiosas (dúas irmás corazonistas, seis salesas, e unha carmelita descalza).[2]
Notas
editar- ↑ "Carmen Barrera Izaguirre". Catholic Saints (en inglés).
- ↑ As relixiosas beatificadas canda ela foron as salesas María Gabriela Hinojosa Naveros, Laura Cavestany Anduaga, Inés Zudaire Galdeano, María Felicita Cendoya Araquistain, Martina Olaizola Garagarza e Josefa Joaquina Lecuona Aramburu; as corazonistas Rita Josefa Pujalte Sánchez e Francisca Aldea Araújo; e a carmelita descalza Elvira Moragas Cantarero.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gutiérrez García, José Luis (1998). Unidas hasta la muerte: biografía de las siete Beatas Mártires del Primer Monasterio de la Visitación de Santa María en Madrid. EDIBESA. ISBN 9788489761490.