José Vidal Iborra
José Vidal Iborra, nado en Alacant en 1925 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 2009, foi un xornalista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Alacant, España |
Morte | 28 de xaneiro de 2009 (83/84 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito, compaxinou a súa carreira co xornalismo, e dirixiur Nueva Rioja. Despois foi secretario de redacción do semanario Actualidad Española, redactor xefe da axencia Europa Press. Dirixiu o periódico Cruzada, onde comezou a utilizar os pseudónimos Lisi e Fe. Traballou no diario Las Provincias de Valencia (1958-1962) e fundou a revista Coloquio e foi correspondente en Valencia de Alcázar e Actualidad Económica. O 15 de xullo de 1965 foi nomeado director de El Correo Gallego e La Noche permanecendo no posto ata maio de 1967. Despois foi redactor xefe adxunto do periódico Madrid.
Foi directivo de Seat, ocupando o cargo de agregado ao departamento de prensa e realizador executivo da revista Seat. Finou en Madrid o 28 de xaneiro de 2009.[1]