José Ramón Fontán

avogado e político galego
(Redirección desde «José Ramón Fontán González»)

José Ramón Fontán González, nado en Mos en 1915 e finado en Vigo en 1996, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaJosé Ramón Fontán
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Mos, España Editar o valor em Wikidata
Morte1996 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 22 de decembro de 1964 – Rafael Portanet →
Procurador en Cortes
4 de outubro de 1963 – 6 de xuño de 1964
← Salvador de Ponte y Conde de la Peña
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Rúa adicada.

Traxectoria editar

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde de Vigo durante o franquismo (1963-1964)[1] e foi procurador en Cortes como representante dos municipios provinciais nese mesmo período.

Na década de 1960 adquiriu os dereitos de captación da auga do río Oitavén para subministrar a cidade olívica.[2].

Foi secretario dos consellos de administración de Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. e Tranvía Mondariz-Vigo, S.A. e presidente da Cruz Vermella. Escribiu abundantes artigos xornalísticos, que asinaba co pseudónimo de Codaste.

Vida persoal editar

Casou con María Rosa Domínguez Alonso e tiveron oito fillos: Rosa María, Cristina, José Ramón, Manuel, Jacobo, Roberto, Carlos e Miguel.

Notas editar

  1. "Sesión plenaria de las Cortes", artigo en La Vanguardia Española o 29 de novembro de 1963 (en castelán)
  2. "José Ramón Fontán, el alcalde que consiguió el agua del Oitavén". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2012. 


Predecesor:
Salvador de Ponte y Conde de la Peña
 
Alcalde de Vigo

1963-1964
Sucesor:
Rafael Portanet