José Ramón Curbera Puig

empresario galego

José Ramón Curbera Puig, finado en Vigo o 8 de maio de 1918,[1][2] foi un empresario galego.

José Ramón Curbera Puig
Falecemento8 de maio de 1918
Lugar de falecementoVigo
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
FillosJosé Ramón Curbera Fernández
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Capitán da mariña mercante, ao mando do bergantín Nuevo feliz facía viaxes entre Vigo e A Habana transportando pasaxeiros e mercadorías. Estableceuse en Vigo dedicándose ao negocio de coloniais e despois, á fabricación de conservas. A súa fábrica foi unha das de maior produción de Vigo a principios do século XX. Tamén construíu buques para a súa explotación e adquiriu a única fábrica de papel continuo de Vigo (aberta por Antonio López de Neira).

Foi un dos fundadores do Banco de Vigo[3] (e foi presidente do seu primeiro consello de administración) e dos creadores da Cámara de Comercio, Industria e Navegación (da que foi presidente de 1894 a 1906).[3]

De ideas democráticas, durante a I República foi tenente alcalde do Concello de Vigo (1873) na corporación presidida por Primitivo Blein Costas. Realizou campañas a favor da supresión dos fielatos e loitou pola aplicación da lei de admisión temporal da lata.[3]

Tamén foi o primeiro galego en mercar un automóbil, concretamente, en 1991 un Panhard.[3]

Vida persoal editar

Casou con Epifanía Fernández de la Cigoña Conde o 14 de decembro de 1861 e foi pai de José Ramón Curbera Fernández.

Notas editar

  1. El Sol, 9-5-1918, p. 4.
  2. El Progreso, 12-5-1918, p. 3.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Ramón Curbera, conservero". camarapvv.com (en castelán). 2018. Consultado o 15 de maio de 2024. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carmona Badía, Xoán (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "Bater marcas e abrir mercados: De precursor do ciclismo a líder da industria" in Empresarios de Galicia. pp. 283–301.