José Ramón Cancelo de la Torre

profesor español

José Ramón Cancelo da Torre é un economista galego que exerce como catedrático de universidade no departamento de economía de Universidade da Coruña, onde está especializado en estatística e econometría e forma parte do grupo de investigación Jean Monnet sobre competencia e desenvolvemento.[1] É experto na análise de series temporais, sendo autor de publicacións moi influentes neste campo.[2]

José Ramón Cancelo de la Torre
Jose-ramon-cancelo.jpg
Nacementoséculo XIX
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Autónoma de Madrid
OcupaciónCatedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

José Ramón Cancelo licenciouse en ciencias económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidade Autónoma de Madrid, cunha tese sobre Políticas de estabilización e efecto crowdingout: unha análise empírica para o caso español.[3] Antes de recalar como catedrático de universidade na Universidade da Coruña en 1995, foi profesor na Universidade Autónoma de Madrid, o que compaxinou brevemente coa empresa privada, antes de obter a cátedra na Universidade de Castela-A Mancha.[4][5] O 14 de setembro de 2016 ingresou como membro numerario da Real Academia Galega de Ciencias, cun discurso titulado "A crise da Eurozona: unha historia de desequilibrios e asimetrías".[5][6] O propio Cancelo cita como a súa maior influencia ao profesor Antoni Espasa, "cuxa forma de entender a Economía, como coñecemento teórico pero tamén como actividade práctica, marcoume profundamente e orientou toda a miña traxectoria académica e profesional".[7]

PublicaciónsEditar

  • Cancelo, J. R., & Espasa, A. (1993): Métodos cuantitativos para el análisis de la coyuntura económica. Alianza.

NotasEditar

  1. "Ficha de José Ramón Cancelo De La Torre". 
  2. "Cancelo Jose Ramon". 
  3. Cancelo de la Torre, José Ramón. "Políticas de estabilización y efecto crowdingout: un análisis empírico para el caso español". Tesis doctorales: TESEO. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  4. "Ingreso de José Ramón Cancelo de la Torre". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 09 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "El catedrático de economía José Ramón Cancelo de la Torre nuevo Académico de la Real Academia Galega de Ciencias". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 09 de xaneiro de 2018. 
  6. "José Ramón Cancelo ingresa en la Real Academia Galega de Ciencias". La Voz de Galicia. 
  7. "La crisis de la eurozona: una historia de desequilibrios y asimetrías".