José Pérez Martínez
José Pérez Martínez, finado en Ribeira o 6 de maio de 1949[1] foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 6 de maio de 1949 Ribeira, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | industrial , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarIndustrial conserveiro. Logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e tras un breve paso de Antonio Fernández Salcedo como delegado de Orde Pública, foi nomeado alcalde de Ribeira. Foi asasinado xunto coa súa muller e a súa filla por José Agrafojo Otero, escribiente da súa conserveira, o 6 de maio de 1949.[2]
Vida persoal
editarCasou con Aurea Bravo.
Notas
editar- ↑ La Noche, 7-5-1949, p. 2.
- ↑ "Capítulo de sucesos". La Vanguardia Española 8/5/1949. p. 4.
Predecesor: Antonio Fernández Salcedo |
Alcalde de Ribeira 1936 - 1940 |
Sucesor: Honorio de la Morena García |