José Pérez Fernández

mestre e xornalista galego

José Pérez Fernández, nado en San Clodio (Ortigueira) o 15 de febreiro de 1866 e finado en Bouzas o 19 de xaneiro de 1914, foi un mestre e xornalista galego.

Infotaula de personaJosé Pérez Fernández
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1866 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1914 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Bouzas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Maxisterio en Compostela e foi nomeado mestre da escola de nenos da Capela en 1887, cesando en 1891 cando pasou á escola de Mugardos que deixou ese mesmo ano, pasando á de Castro. O 3 de xuño de 1896 foi nomeado por oposición Mestre en propiedade da escola elemental de nenos de Bouzas. Alí exerceu primeiro na escola do atrio, radicada no terreo en que foi levantada en 1946 a actual Casa Reitoral. Fixo un gran labor entre os pais dos seus alumnos bouceses, evitando moitas veces que se enfrontasen cos traballos de mar aos 12 anos, o que lles impedía completar a súa educación escolar.

Presentou un recurso ante a Liga Marítima pedindo que se prohibise a pesca co bou e asesorou os armadores pesqueiros de Bouzas.

En 1902 fundou e dirixiu o bisemanario El Eco de Bouzas. Foi poeta en galego.

Vida persoal editar

Casou en Bouzas o 25 de abril de 1898 con María González Vázquez, coa que tivo catro fillos: María, Jesús, Pepita e Carmen.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar