José Magdalena Lago

obreiro e sindicalista galego

José Magdalena Lago, nado en Vigo cara a 1907 e finado no mesmo concello o 13 de setembro de 1970,[1] foi un obreiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaJosé Magdalena Lago
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Albanel, veciño da Roda, no Barrio do Couto de Vigo. Foi vicesecretario da sociedade de albaneis e pintores, da que despois foi presidente.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. No franquismo foi contratista de obras en Vigo.

Vida persoal editar

Casou con Ramona Rodríguez Calveira e foi pai de José e Ramón Magdalena Rodríguez.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 15-9-1970, p. 4.
  2. Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas de Vigo (1)"

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar