José Luis Cortés Sen

futbolista español

José Luis Cortés Sen, nado en Móstoles o 22 de agosto de 2001, é un futbolista español que xoga de dianteiro centro no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Cortés
Información persoal
Nome José Luis Cortés Sen
Nacemento 22 de agosto de 2001
Lugar de nacemento Móstoles
Posición Dianteiro centro
Información de club
Club actual Rayo Majadahonda
Número 9
Carreira xuvenil
–2019 Atlético de Madrid
2019–2020 Leganés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020 Leganés C 1 (0)
2020–2021 Carabanchel 15 (3)
2021–2023 Paracuellos Antamira 67 (21)
2022– Rayo Majadahonda 28 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de marzo de 2024.
editar datos en Wikidata ]


Traxectoria editar

Formouse como futbolista nas canteiras do Atlético de Madrid e do Leganés e despois de pasar unha tempada no Carabanchel, da Terceira División, ingresou en 2021 na estrutura do Rayo Majadahonda. Militou durante dúas campañas no filial do club en Terceira, o Paracuellos Antamira, co que disputou 67 partidos, anotando 21 goles. O 7 de maio de 2023 debutou co primeiro equipo na Primeira División RFEF e na campaña 2023/24 pasou a ser a todos os efectos xogador do primeiro cadro.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar