José Legrá Utría, nado en Baracoa, Cuba, o 19 de marzo de 1943 é un boxeador de peso pluma nacionalizado español.

José Legrá
Nome completoJosé Adolfo Legrá Utría
AlcumeEl puma de Baracoa e Pocket Cassius Clay
Nacemento19 de marzo de 1943
Lugar de nacementoBaracoa
NacionalidadeCuba e España
Ocupaciónboxeador
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O seu debut boxístico prodúcese en Cuba como boxeador afeccionado, cun palmarés de 22 combates gañados de 23 disputados. Desde o seu Baracoa natal trasládase á Habana para facerse profesional. Nos seus primeiros combates sumou doce vitorias, un nulo e unha derrota ante Bobby Luís.

Ao non poder exercer o boxeo no seu pais pola prohibición do goberno cubano sobre o deporte profesional, Legrá abandona o país e emigra a España en 1963. Da man de Kid Tunero, en España empeza a labrarse un futuro no boxeo profesional, que se vería, grazas ao seu boxeo áxil e elegante, coroado polo maior dos éxitos. Obtén a nacionalización española en 1966.

En 1965, enfróntase ao galés Howard Winston que era o Campión de Europa, pero como Legrá non tiña aínda a cidadanía española, non puido disputar o título europeo. En 1967 é nomeado coaspirante ao título europeo contra o francés Yves Desmarets,lugar que deixou vacante Howard Winstone ao proclamarse campión do mundo, e o hispano cubano gana por k.o. no terceiro asalto.

Título mundial editar

No apoxeo da súa carreira, obtén o dereito a disputar o título mundial. O 24 de xullo de 1968 pelexa no Caney Beach Area de Portchaw, ante o galés Winstone e vence por K.O. técnico no quinto asalto.

En 1969 en Londres, perde o título mundial ante o australiano Johnny Famechon, pero o recupera en 1971 ante Clemente Sánchez en Monterrey. Nese intervalo volve ser campión de Europa, vencendo en 1970 ao italiano Galli en Madrid.

En 1973, perde o título mundial ante o brasileiro Eder Joffrey. A partir de aí a súa carreira empeza a declinar e péchase cun combate ante Alexis Argüello que perdeu por K.O.

Estilo editar

José Legrá foi un boxeador de estilo fino, que nos seus combates "bailaba" constantemente sobre o ring, o que producía o desconcerto dos seus adversarios e a admiración dos afeccionados. Doutra banda, a súa verborrea anterior aos combates, similar á do mítico Cassius Clay fixéronlle moi popular en todo o mundo.

O seu palmarés é de 146 combates, dos cales venceu en 131, perdeu en 11, e tivo 4 combates nulos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar