José Hervés Hermo

sindicalista e xornalista galego

José Hervés Hermo, finado en Marín o 21 de outubro de 1934, foi un sindicalista e xornalista galego.

Infotaula de personaJosé Hervés Hermo
Biografía
Morte21 de outubro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1913 ocupaba a secretaría da Unión de Trabajadores de las Fábricas de Conservas de la Ría de Vigo, posto para o que foi reelixido en 1914.[1] Asentouse en Marín e foi dirixente da Federación Obreira da UGT e da Alianza Marinera. Dirixiu o periódico ¡Avante!. Foi un dos promotores da folga de cinco meses que mantiveron en Marín en 1915 os mariñeiros fronte aos maquinistas dos barcos, apoiados estes polos patróns. Foi procesado por atentado durante a folga con Lorenzo Corbacho Nodal e Manuel Magariños Otero.[2] Tamén xogou un papel fundamental na loita pola lonxa pública de Marín en 1922 e en 1923. É autor do artigo "El trabajo de los niños en la industria conservera" publicado en Solidaridad. Actor afeccionado, apareceu en Pontevedra como actor na compañía cómico-lírica de Emilio Bellver en 1902. Finou en Marín o 21 de outubro de 1934.[3]

Notas editar

  1. Noticiero de Vigo, 31-1-1914, p. 1.
  2. El Diario de Pontevedra, 26-10-1915, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 19-10-1935, p. 13.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar