José García de Castro Calviño
avogado e xuíz galego
José García de Castro Calviño, nado cara a 1850, foi un avogado e xuíz galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1850 ![]() A Ponte Maceira, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xuíz ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Rita Corral Aller |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de José María García de Castro Porto e Gregoria Calviño Naya, e irmán de Manuel García de Castro Calviño. Marchou a Filipinas, onde exerceu como avogado en Manila.[1] Foi xuíz de primeira instancia de Calamianes e dos distritos de La Paragua e Balábae.
Vida persoal
editarCasou con Rita Corral Aller en xaneiro de 1875,[2] e foi pai de Herminia García de Castro Corral.
Notas
editar- ↑ Gaceta de Manila, 21-7-1883, p. 81.
- ↑ El Diario de Santiago, 11-1-1875, p. 2.