José Ferrón Martínez
empresario e político galego
José Ferrón Martínez, nado en Padrón cara a 1922 e finado en Santiago de Compostela en maio de 2012, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 Padrón, España |
Morte | maio de 2012 (89/90 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Padrón | |
1973 – 1979 ← Ramón Pazos Jiménez – Eduardo Otero González → | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Traxectoria
editarFillo de Jesús Ferrón Ferrón. Creou a empresa madeireira Ferrón y González e despois puxo en marcha en marcha a factoría Tagal. Concelleiro de Padrón dende os anos cincuenta. Foi nomeado alcalde de Padrón en setembro de 1973.[1] Permaneceu no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. Finou en Santiago de Compostela en maio de 2012.[2]
Predecesor: Ramón Pazos Jiménez |
Alcalde de Padrón 1973 - 1979 |
Sucesor: Eduardo Otero González |
Vida persoal
editarCasou con Carmen Grela Otero e foi pai de María Teresa, José Ángel e Jorge Juan Ferrón Grela.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 18-9-1973, p. 2.
- ↑ Pesar por la muerte de José Ferrón, exalcalde de Padrón.