José Castro Blanco

naturista galego

José Castro Blanco, nado en San Xulián de Requeixo (Pontecesures) en 1890 e finado en 1981, foi un naturópata galego.

Modelo:BiografíaJosé Castro Blanco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor en Wikidata
San Xulián, España Editar o valor en Wikidata
Morte1981 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
Actividade
Ocupaciónnaturópata Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1005450 Dialnet: 1654169

Traxectoria

editar

Emigrou á Arxentina con 14 anos e despois instalouse no Uruguai. Estudou na American School of Naturopaty de Nova York, onde obtivo o título de Doutor en Naturopatía en 1922, despois estivo na Academia de Medicina Natural de San Paolo. En xullo de 1923 deu unhas conferencias sobre o réxime vexetariano en Santiago de Compostela xunto con R. C. Rey,[1] e o 19 de agosto outra conferencia no Salón Novedades da Estrada.[2] Foi fundador da revista Vivir e da Escuela Libre Naturista de Montevideo en 1920, que trasladou a Barcelona en 1925 coa denominación de Escuela Naturotrófica. Despois instalouse en Torrent (Valencia). Fundou a Biblioteca de Caliobiótica y Macrobiótica.

  1. La Voz de la Verdad, 3-7-1923, p. 1.
  2. El Emigrado, 24-8-1923, p. 4.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar