José Casal Fernández

carpinteiro, sindicalista e político galego

José Casal Fernández, nado en Vilaboa o 24 de agosto de 1906 e finado o 18 de decembro de 1984, foi un carpinteiro, sindicalista e político galego.

Infotaula de personaJosé Casal Fernández
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1906 Editar o valor em Wikidata
Vilaboa, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carpinteiro de ribeira, dirixente das mocidades socialistas de San Adrián e directivo da Sociedad de Agricultores e da Sociedad de Obreros de Construción Naval, afecta á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obrigado a presentarse no cuartel da Garda Civil de Moaña. Detido o 8 de setembro de 1936 foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co seu irmán Belarmino e o seu curmán Rogelio Calvar Casal, foron condenados a cadea perpetua. Preso primeiro en San Simón, foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona), onde permaneceu ata setembro de 1940, cando saíu en liberdade provisional. Deixou un diario manuscrito do seu paso por San Simón e Pamplona.[1]

Vida persoal editar

Casou con Casilda Rosendo, e foi pai de Democracia Casal Rosendo, que en 1936 foi bautizada como Lucrecia Casal Rosendo.[2]

Notas editar

  1. Diario de José Casal
  2. Luís Bará (31 de xaneiro de 2015). "O día que Democracia se chamou Lucrecia". Non dés a esquecemento. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar