Xosé Bernárdez
Xosé Bernárdez Boluja, nado en Santiago de Compostela o 1 de outubro de 1935 e finado en Morga (Biscaia) o 12 de marzo de 2018,[1][2] foi un ciclista galego.
Nome orixinal | (gl) Xosé Bernárdez Boluja |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de outubro de 1935 Santiago de Compostela, España |
Morte | 12 de marzo de 2018 (82 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | ciclista |
Período de actividade | 1958 - 1968 |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Deporte | ciclismo de competición |
Traxectoria
editarDesenvolveu a súa carreira profesional entre os anos 1958 e 1968 e foi en Biscaia onde estableceu a base competitiva. Os seus principais éxitos foron as vitorias no Gran Premio de Llodio e no Campionato de España de fondo en estrada para independentes, e máis o Subcampionato de España de Montaña en Ruta, tódalas vitorias no ano 1961. Porén a súa actuación máis memorable produciuse no Campionato do Mundo de ciclismo dese ano, cando chegou á meta no primeiro grupo de 14 corredores, onde se atopaban tódolos ases mundiais do momento e no sprint final obtivo o 4º posto, só superado por Rik Van Looy, Nino Defilippis e Raymond Poulidor.[3]
Notas
editar- ↑ "Luto por la muerte del exciclista José Bernárdez". El Correo Gallego (en castelán). 15-03-2018. Consultado o 04-08-2020.
- ↑ "Ha fallecido José Bernárdez" (en castelán). 12-03-2018. Consultado o 04-08-2020.
- ↑ "José Bernárdez, un día de gloria". Noticias y ocio (en castelán). 06-05-2014. Arquivado dende o orixinal o 06-10-2014. Consultado o 04-08-2020.