José Benito Cerdeira
xornalista galego
José Benito Cerdeira Hermida, nado en Pontevedra cara a 1874 e finado na Habana o 22 de marzo de 1935, foi un xornalista galego.
José Benito Cerdeira | |
---|---|
Nacemento | 1874 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 22 de marzo de 1935 |
Lugar de falecemento | A Habana |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Benito Cerdeira e Josefa Hermida. Traballou en varias editoras viguesas. Marchou a Habana a finais do século XIX. En 1903 fíxose cargo da dirección da revista Galicia da que tamén foi administrador.[1] Finou no Hospital Calixto García da Habana o 22 de marzo de 1935.[2]
NotasEditar
- ↑ El Emigrado, 16-7-1935, p. 4.
- ↑ Gaceta de Madrid, 9-7-1935, p. 348.