José Barral Souto

economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino

José Barral Souto nado en Oleiros o 23 de outubro de 1903 e finado na Arxentina o 15 de novembro de 1976, foi un economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino en 1928. Está considerado o anticipador do método da programación linear na teoría económica.[1]

Infotaula de personaJosé Barral Souto
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Oleiros
Morte15 de novembro de 1976 (73 anos)
Arxentina
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia galego/arxentino
EducaciónFacultade de Ciencias Económicas da Universidade de Buenos Aires
Actividade
Ocupacióneconomista, estatístico e actuario
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

José Barral Souto realizou os estudos universitarios e de doutoramento na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Buenos Aires, e na Facultade de Ciencias Físico-Matemáticas da Universidade Nacional de La Plata, doutorándose en 1934 cunha tese titulada Expresión de la renta vitalicia mediante una serie potencial entera de la variación del tipo de interés. En 1925 recibiu o título de Contador Público Nacional, e entre 1929 e 1931 fixo a carreira de actuario. En 1927 ingresou no Instituto de Economía Bancaria, en 1930 no Instituto de Biometría e en 1933 acadou o posto de profesor adxunto de Estatística.

Relevancia científica editar

Entre 1939 e 1940 José Barral Souto reformulou e obtivo unha nova solución do problema dos custos comparados, mediante inecuacións lineais, co que, en palabras do Premio Nobel de Economía Wassily Leontief, anticipou en esencia a aproximación mediante programación linear á teoría económica que foi redescuberta anos máis tarde nos Estados Unidos [2]

Foi un dos fundadores en 1936 da Unión Matemática Arxentina.

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. Manuel Fernández López (2004): "Centenario de José Barral Souto, el genio gallego que anticipó la programación lineal, artigo en Revista Galega de Economía, vol. 13, núm. 1-2, pp. 1-11 ISSN 2255-5951 (en castelán).
  2. NOTA DEL PROFESOR WASSILY LEONTIEF (1961), Revista de Ciencias Económicas, año LI, serie IV, núm. 20, (julio-diciembre), p. 210. Buenos Aires.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • BARRAL SOUTO, J. (1941): “Principios fundamentales de la división del trabajo”, Revista de Ciencias Económicas, ano XXIX, serie II, núm. 236, (marzo), pp. 175–191 e (abril), pp. 285–315. Buenos Aires. Versión inglesa: “Fundamental Principles of the Division of Labour”, International Economic Papers, núm. 12. Londres, Nova York, 1967).