Abrir o menú principal

José Barbeito Rouco

médico e político galego

José Barbeito Rouco, nado na Coruña en 1885 e finado na Habana o 13 de outubro de 1946, foi un médico e político galego.

José Barbeito Rouco
Nacemento1885
 A Coruña
Falecemento13 de outubro de 1946
 A Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou o Bacharelato no Instituto da Coruña e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1907). Estableceuse como médico na Coruña. Foi membro da Irmandade da Fala local. Na República afiliouse a Izquierda Republicana. En abril de 1936 foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Cuba co seu fillo José Barbeito López. En Cuba foi membro da Agrupación de Izquierda Republicana da illa.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar