José Antonio de Lorenzo

sindicalista, profesor, divulgador científico e político galego

José Antonio de Lorenzo Pardo, nado na Coruña en 1954, é un sindicalista, profesor, divulgador científico e político galego de Ciudadanos.

Modelo:BiografíaJosé Antonio de Lorenzo
Biografía
Nacemento(es) José Antonio de Lorenzo Pardo Editar o valor en Wikidata
1954 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCiudadanos-Partido de la Ciudadanía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1338440

Traxectoria

editar

Estudou física nas universidades de Santiago de Compostela e Sevilla.[Cómpre clarificar] Exerceu de profesor en Cataluña e Galicia e formou parte das executivas da federación do ensino de Comisións Obreiras de Cataluña e da española. É profesor de física e química no IES Salvador de Madariaga. Foi candidato á alcaldía da Coruña por Unión Progreso y Democracia nas eleccións municipais de 2011 e a deputado nas eleccións xerais de 2011. En 2014 foi elixido como Coordinador Territorial de UPyD en Galicia[1] posto que abandonou xunto con parte da dirección galega e integrándose como tránsfuga en Ciudadanos.[2] Como divulgador científico publicou La revolución del metro (1998).