José Antonio García López
José Antonio García López, nado en Sarria o 13 de xuño de 1971, é un avogado e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1971 (53 anos) Sarria, España |
Alcalde de Sarria | |
2011 – 2015 ← Claudio Garrido Martínez | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2009 – maio de 2011 | |
Alcalde de Sarria | |
2003 – 2007 ← Claudio Garrido Martínez – Claudio Garrido Martínez → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Sarria |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Membro de |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1999 ocupou o número tres na lista da Agrupación Sarriana de Integración (ASI) en Sarria, a cal fixo alcalde ao socialista Claudio Garrido Martínez e foi tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo. Nas municipais de 2003 encabezou a lista de Iniciativa Galega (INGA), onde se integrara a súa formación, consiguindo 2 concelleiros e converténdose en alcalde co apoio do Partido Popular (6 edís) e dunha tránsfuga do BNG, tendo sido o PSdeG-PSOE o máis votado con 7 concelleiros. Encabezou a candidatura do PPdeG en Sarria nas eleccións municipais de 2007 e logrou sela forza máis votada, pero perdeu a alcaldía dado que o PSdeG alcanzou un pacto de goberno co BNG e o Partido Galeguista. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia polo PPdeG nas eleccións autonómicas de 2009. En 2011 encabezou de novo candidatura do PPdeG á alcaldía de Sarria, obtendo a maioría absoluta e recuperando a alcaldía, polo que dimitiu como deputado do Parlamento de Galicia. En 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, dado que o PSdeG alcanzou un pacto con Compromiso por Galicia e o BNG. En 2019 encabezou de novo a candidatura popular e sigueu perdendo apoios, sendo derrotado polo exalcalde socialista Claudio Garrido Martínez, o cal encabezaba a candidatura Camiña Sarria e recuperou a alcaldía. En setembro de 2022 abandonou a portavocía do PPdeG tras haber renunciado a continuar na presidencia local do partido en Sarria.
Predecesor: Claudio Garrido Martínez |
Alcalde de Sarria 2003 - 2007 |
Sucesor: Claudio Garrido Martínez |
Predecesor: Claudio Garrido Martínez |
Alcalde de Sarria 2011 - 2015 |
Sucesor: Pilar López Yáñez |