Abrir o menú principal

Jorge Manuel Theotocópuli, máis coñecido simplemente como Jorge Manuel, nado en Toledo en 1578 e finado na mesma cidade en 1631, foi un arquitecto e pintor español, fillo e discípulo do Greco.

Jorge Manuel Theotocópuli
El Greco - Portrait of the Artist's Son Jorge Manuel Theotokopoulos - WGA10567.jpg
Nacemento1578
 Toledo
Falecemento29 de marzo de 1631
 Toledo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e arquitecto
PaiEl Greco
NaiJerónima de Las Cuevas
editar datos en Wikidata ]
Vista e plano de Toledo, ca. 1608, obra do Greco na que retratou ó seu fillo Jorge Manuel.

Índice

BiografíaEditar

Jorge Manuel era fillo do Greco e de Jerónima de las Cuevas. Naceu en 1578, cando seu pai contrataba O Espolio para a catedral da cidade.

Aprendeu a técnica pictórica do seu propio pai, realizando numerosas réplicas dos seus cadros, ou completando detalles; así atribúeselle o plano de Toledo na Vista e plano de Toledo (ca. 1610-1614), en razón da súa pericia como arquitecto. Jorge Manuel traballou na catedral de Toledo, da que foi nomeado mestre maior en 1625 e ergueu a Casa consistorial da cidade a partir dun proxecto anterior de Juan de Herrera.

Jorge Manuel figura retratado –neno aínda ou xa medrado- en diversos cadros do seu pai, como no célebre Enterro do conde de Orgaz (igrexa de Santo Tomé, Toledo), na mesma Vista e plano de Toledo (Casa Museo de El Greco, Toledo) ou no San Luís de Francia (Museo do Louvre, París). Casou dúas veces, acabando arruinado a causa dun preito co Hospital Tavera, cuxo resultado foi o embargo dos seus bens.

Obra (selección)Editar

PinturaEditar

ArquitecturaEditar

  • Casa consistorial, Toledo, obra na que seguiu planos anteriores (1575) de Juan de Herrera.
  • Cúpula barroca (1631), no lado esquerdo da fachada da catedral de Toledo, sobre tambor gótico de Egas (1519), cubrindo a capela mozárabe.
  • Sacristía da catedral toledana, Jorge Manuel continuou desde 1621 as obras que iniciaran Nicolás de Vergara o Novo e Juan Bautista Montenegro.