Jorge González-Redondo Serrano
Jorge González-Redondo Serrano, nado cara a 1892 e finado en Mondoñedo o 7 de abril de 1953, foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 ![]() |
Morte | 7 de abril de 1953 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Alcalde de Mondoñedo | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Luis González-Redondo Maseda ![]() |
Traxectoria
editarPropietario e comerciante. Foi presidente da Asociación Juventud Tradicionalista en 1912, concelleiro e deputado provincial, e un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917. Foi líder local da Unión Patriótica e director do seu órgano de propaganda, Renovación. Foi vocal da Comisión Organizadora do somatén da 8ª Rexión no Partido de Mondoñedo e alcalde de Mondoñedo nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e tras a destitución da corporación republicana, foi o primeiro alcalde de Mondoñedo nomeado pola autoridade militar dende o 23 de xullo. Posteriormente foi concelleiro de tenente de alcalde de Mondoñedo. Finou en Mondoñedo en 1953 con 60 anos.[1]
Predecesor: José María Álvarez-Mon Basanta |
Alcalde de Mondoñedo 1923 |
Sucesor: Manuel Lage Castrillón |
Predecesor: Manuel Lage Castrillón |
Alcalde de Mondoñedo 1927 - 1930 |
Sucesor: José Cigarrán Cotilla |
Predecesor: José Ramón Villamarín Pallín |
Alcalde de Mondoñedo 1936 - 1944 |
Sucesor: Federico de la Peña Fernández |
Vida persoal
editarCasou con María Luisa Maseda Corbal e foi pai de Jorge, María Luisa, Vicente, María de los Remedios, José María, Emilia, María del Carmen, Antonio, Jaime, Victoriano, Luís, Ana María, Inmaculada e Alfonso Carlos González-Redondo Maseda.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 9-4-1953, p. 2.