Jordi Figueras Montel
futbolista español
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Jordi Figueras Montel, nado en Lleida o 17 de maio de 1987, é un futbolista catalán que xoga na demarcación de defensa.
Jordi | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jordi Figueras Montel | ||
Nacemento | 17 de maio de 1987 | ||
Lugar de nacemento | Lleida | ||
Altura | 1.85 m | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Betis | ||
Número | 25 | ||
Carreira xuvenil | |||
1992–2005 | UE Lleida | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2005 | UE Lleida | 0 | (0) |
2005–2008 | Real Madrid C | ||
2008–2009 | Celta de Vigo B | 24 | (5) |
2009–2010 | Celta de Vigo | 30 | (1) |
2010–2012 | FC Rubín Kazán | 8 | (0) |
2010–2011 | → Valladolid (cedido) | 25 | (2) |
2011–2012 | → Rayo Vallecano (cedido) | 17 | (0) |
2012–2013 | Club Bruxas | 34 | (1) |
2013 | → Rayo Vallecano (cedido) | 14 | (0) |
2013– | Betis | 25 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 18 de maio de 2014. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formouse nas categorías inferiores do UE Lleida de onde pasou ao Real Madrid C no ano 2005. No ano 2008 ficha polo Celta de Vigo B, e debuta co primeiro equipo en febreiro de 2009, facéndose coa titularidade ata que un ano despois ficha polo FC Rubín Kazán por 1 millón de euros.
Na tempada 2010-11 chega cedido ao Real Valladolid na Segunda División. Ao ano seguinte sería cedido ao Rayo Vallecano, porén no mercado de inverno foi traspasado ao Club Bruxas.
No mercado invernal da tempada 2012-13 chegou cedido outra vez ao Rayo Vallecano[1].
Notas editar
- ↑ "Jordi Figueras entra en la convocatoria para el derbi ante el Getafe". el Diario (en castelán). 7 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Marcos L. Bacariza (20 de febreiro de 2010). "Jordi Figueras". Yo jugué en el Celta (en castelán).