Jordi Alba
Jordi Alba Ramos, nado en l'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 21 de marzo de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral por banda esquerda e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona da Primeira División de España.
(2017) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jordi Alba Ramos 21 de marzo de 1989 (35 anos) L'Hospitalet de Llobregat, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 170 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 69 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Primeira División Española e Major League Soccer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 18 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | Eurocopa de Fútbol Europa 2020 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2013 | Copa Confederacións Brasil 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | jordialba.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tamén xoga coa selección de fútbol de España, coa que gañou, sendo un dos xogadores revelación, a Eurocopa de 2012, o terceiro título do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarTras estar sete anos nas categorías inferiores do FC Barcelona, en 2005 Alba deixa La Masia para recalar nas filas da UE Cornellà. Na segunda tempada é fichado polo Valencia CF por apenas 6.000 €, equipo no que tan só nunha tempada pasou a xogar do Xuvenil A a consolidarse no Valencia CF Mestalla, sendo unha peza clave no ascenso deste a Segunda División B, chegando a ser convocado polo primeiro equipo valencianista e pola selección española sub-19. Posteriormente é cedido ao Gimnàstic de Tarragona,[2] conseguindo facerse coa titularidade tras uns inicios dubidosos (24 partidos como titular), o que lle vale para ser chamado coa selección española sub-21.
Valencia CF
editarTras a súa gran campaña en Tarragona, regresa ao Valencia CF para facer a pretemporada. Logra convencer a Unai Emery e convértese en xogador do primeiro persoal, debutando oficialmente en Liga o 13 de setembro de 2009 na vitoria por 4-2 contra o Real Valladolid.[3] Logo foi titular en dous partidos consecutivos da fase de grupos da UEFA Europa League contra Lille OSC e SK Slavia Prague, que acabaron en empate a un. Debido as lesións permanentes dos defensas do Valencia, Alba xogou gran parte desa tempada como lateral esquerdo, dando grandes resultados. Xogando nesa posición chegaría o seu primeiro gol o 11 de abril de 2010, na derrota 3-2 contra o RCD Mallorca.
Na tempada 2010-11, aínda con Unai Emery como adestrador, Alba foi utilizado case exclusivamente no sector defensivo, loitando pola titularidade co francés Jérémy Mathieu. Xogou un total de 27 partidos de liga, cos que o equipo acabou por segundo ano consecutivo no terceiro posto, obtendo a clasificación para a Liga de Campións.
Na seguinte tempada, Emery comezou a utilizar aos dous xogadores, Alba e Mathieu, de forma simultánea polo costado esquerdo, unha estratexia que probara a tempada anterior. Isto resultou ser unha táctica eficaz xa que ofrecen apoio mutuo no ataque e as áreas de defensa. O xogador califica ao adestrador como un home clave na súa transición exitosa a un papel máis defensivo.[4]
FC Barcelona
editarO 28 de xuño de 2012, durante o trascurso da Eurocopa na que Jordi Alba participa, o Valencia e o Barcelona chegaron a un principio de acordo para o traspaso do xogador a cambio de catorce millóns de euros, polas seguintes cinco tempadas.[5] A mañá do 5 de xullo, pasou satisfactoriamente o recoñecemento médico e asinou o seu contrato, efectuándose a súa presentación esa mesma tarde. A súa cláusula de rescisión ascendeu á cifra de 90 000 000 euros.[6]
Selección nacional
editarJordi Alba foi 5 veces internacional coa selección española sub-21. O 30 de setembro de 2011 foi convocado por primeira vez para un partido da selección absoluta, coa que debutou o 11 de outubro de 2011 xogando en Alacant ante Escocia na fase de clasificación da Eurocopa 2012.[7] En 2012 seguiu sendo convocado coa selección e disputou a citada Eurocopa como lateral esquerdo titular. Marcou o segundo gol na final, que gañou España por 4-0 a Italia.[8]
Participacións en Copas do Mundo
editarMundial | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 | Exipto | Oitavos de final |
Participacións en Eurocopas
editarEurocopa | Sede | Resultado |
---|---|---|
Eurocopa 2012 | Polonia Ucraína |
Campión |
Participacións en Xogos Olímpicos
editarXogos Olímpicos | Sede | Resultado |
---|---|---|
Xogos Olímpicos de 2012 | Londres | - |
Estatísticas
editarActualizado o 14 de maio de 2012.
Club | Tempada | Categoría | Liga | Copa | Europa | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Goles | PX | Goles | PX | Goles | PX | Goles | |||
Gimnàstic | 2008–09 | Segunda División | 35 | 4 | 1 | 0 | - | - | 36 | 4 |
Valencia | 2009–10 | Primeira División | 15 | 1 | 2 | 0 | 9 | 0 | 26 | 1 |
2010–11 | 26 | 4 | 4 | 0 | 3 | 0 | 33 | 5 | ||
2011–12 | 32 | 5 | 8 | 0 | 10 | 1 | 50 | 5 | ||
Total | 73 | 10 | 14 | 0 | 22 | 1 | 108 | 11 | ||
Barcelona | 2012–13 | Primeira División | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Total carreira | 108 | 10 | 15 | 0 | 22 | 1 | 145 | 15 |
Palmarés
editarCampionatos internacionais
editarTítulo | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Eurocopa | Selección española | Polonia e Ucraína | 2012 |
Distincións individuais
editarDistinción | Ano |
---|---|
Mellor lateral esquerdo do mundo, segundo Goal.com[9] | 2012 |
Mellor lateral da Eurocopa | 2012 |
Xogador revelación da Eurocopa, segundo MARCA[10] | 2012 |
Incluído no Equipo Ideal da Eurocopa pola UEFA[11] | 2012 |
Notas
editar- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".
- ↑ Ricky Romero (26 de xullo de 2008). AS, ed. "Jordi Alba xa é grana e Campano pode quedarse".
- ↑ joinfutbol, ed. (14 de setembro de 2009). "Jordi Alba debutou oficialmente en competición co Valencia CF". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2012.
- ↑ Alba ansioso por aprender Arquivado 30 de xuño de 2013 en Wayback Machine.; FIFA.com, 5 de outubro de 2011
- ↑ FC Barcelona, ed. (28 de xuño de 2012). "Acordo co Valencia por Jordi Alba".
- ↑ La Vanguardia, ed. (5 de xullo de 2012). "Alba: "Funme do Barça coa cabeza moi alta e tómome a miña volta como un reto"".
- ↑ Europa Press (ed.). "Jordi Alba: "Foi un debut soñado"".
- ↑ SportYou, ed. (1 de xullo de 2012). "España redondea a súa gran obra".
- ↑ http://www.goal.com/es/news/21/fichajes/2012/07/02/3214075/barcelona-fich%C3%B3-al-mejor-lateral-izquierdo-del-mundo-jordi
- ↑ http://www.marca.com/debate/2012/07/2530/pinta-votaciones2530.html
- ↑ http://www.marca.com/2012/07/02/futbol/eurocopa_2012/1341224339.html
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Jordi Alba na FIFA Arquivado 06 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)