John P. Meier
John Paul Meier, nado en Nova York o 8 de agosto de 1942 e finado o 18 de outubro de 2022,[1] foi un sacerdote católico e historiador estadounidense, un dos máximos especialistas no estudo do Xesús de Nazaret histórico.[1] Foi autor de diversos libros e de máis de 80 artigos para revistas e libros.
John P. Meier | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1942 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Falecemento | 18 de outubro de 2022 |
Lugar de falecemento | South Bend |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Pontifício Instituto Bíblico, Saint Joseph's Seminary, Pontificia Universidade Gregoriana e Universidade Católica de América |
Ocupación | sacerdote católico, historiador, teólogo e biblista |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
TraxectoriaEditar
Estudou na Universidade Gregoriana de Roma e no Instituto Bíblico da mesma cidade. Foi profesor da Universidade de Notre Dame. Adicado aos estudos bíblicos, realizou varias investigacións sobre o Evanxeo de Mateo. Acadou sona internacional, tanto entre eruditos como entre o gran público, coa publicación da súa obra en varios tomos titulada un Xudeu marxinal. Nova visión do Xesús Histórico. Neles abordou as raíces do problema e da persoa (Tomo I), Xoán o Bautista e Xesús, o Reino de Deus e os Milagres (Tomo II), os compañeiros de Xesús e os competidores (Tomo IV) e a Lei e o Amor (Tomo V).[2]
A súa condición de sacerdote católico e de expresidente da Asociación Bíblica Católica non lle impediu soster opinións, na súa calidade de historiador e esexeta, que se afastan da doutrina tradicional da Igrexa Católica como a relativa aos irmáns carnais de Xesús.
ObrasEditar
- Reflections on Jesus-of-History research today (1991)
- A Marginal Jew (1991-2001)
- The circle of the twelve. Did it exit during Jesus public ministry? (1997)
- The present state of the third quest for the historical Jesus. Loss and Gain (1999)
- The debate on the resurrection of the dead. An incident from the ministry of historical Jesus? (2000)
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Pikaza, Xabier (19 de outubro de 2022). "Fallece J. P. Meier, autor de la investigación más documentada y extensa sobre la vida de Jesús". religiondigital.org. Consultado o 21 de outubro de 2022.
- ↑ John P. Meier Arquivado 07 de abril de 2012 en Wayback Machine. - Department of Theology, University of Notre Dame.