Jon Martín

futbolista vasco

Jon Martín Vicente, nado en Donostia o 23 de abril de 2006, é un futbolista español que xoga como defensa central na Real Sociedad B, da Primeira División RFEF.

Martín
Información persoal
Nome Jon Martín Vicente
Nacemento 23 de abril de 2006
Lugar de nacemento Lasarte-Oria
Altura 1.87 metros
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Real Sociedad B
Número 26
Carreira xuvenil
Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2023 Real Sociedad C 3 (0)
2023– Real Sociedad B 14 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 10 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

É fillo do exfutbolista Santi Martín.[1]

Traxectoria editar

Formouse na canteira da Real Sociedad e na tempada 2022/23 debutou co segundo filial do club, a Real Sociedad C, na Segunda División RFEF e na seguinte campaña fixo a súa estrea coa Real Sociedad B na Primeira División RFEF, no encontro da primeira xornada ante o Tarazona.[2] Axiña se fixo coa titularidade no primeiro filial realista e en outubro de 2023 foi nomeado polo xornal inglés The Guardian como un dos mellores xogadores nacidos en 2006 en todo o mundo.[3]

Notas editar

  1. López, Ángel (9 de agosto de 2023). "Jon Martín, tras los pasos del aita". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2024. 
  2. Castells Gimeno, Miguel (21 de setembro de 2023). "Conoce a Jon Martín, la perla que tiene la Real Sociedad en su cantera" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2023. Consultado o 10 de xaneiro de 2024. 
  3. Christenson, Marcus; Bloor, Steven; Blight, Garry (11 de outubro de 2023). "Next Generation 2023: 60 of the best young talents in world football". The Guardian (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2024.