John Jacob Astor, nado o 17 de xullo de 1763 e finado o 29 de marzo de 1848, foi un empresario americano de orixe alemá, comerciante, inmobiliario e investidor que principalmente fixo a súa fortuna no comercio de pel e por investir en inmobles preto ou nacidade de Nova York.

Infotaula de personaJohn Jacob Astor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Johann Jakob Astor Editar o valor em Wikidata
17 de xullo de 1763 Editar o valor em Wikidata
Walldorf (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de marzo de 1848 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTrinity Church Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadealemán (de nacemento)
estadounidense (desde 1789)
Coñecido porPrimeiro multimillonario dos Estados Unidos de América
Actividade
Ocupaciónemprendedor , dealer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaFamília Astor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSarah Todd (pt) Traducir (1785–) Editar o valor em Wikidata
FillosWilliam Backhouse Astor (pt) Traducir, John Jacob Astor (en) Traducir, Dorothea Astor (en) Traducir, Eliza Astor (en) Traducir, Sarah Astor (en) Traducir, Henry Astor (en) Traducir, Magdalen Astor (en) Traducir, unnamed infant son Astor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJohann Jakob Astor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maria Magdalena (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Astor-15 Find a Grave: 40 Editar o valor em Wikidata

Foi o primeiro membro destacado da familia Astor e o primeiro multimillonario nos Estados Unidos.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Johann Jakob Astor naceu en Walldorf, preto de Heidelberg, no antigo Palatinado.[1][2] Foi o fillo máis novo de Johann Jakob Astor (7 de xullo de 1724– 18 de abril de 1816) e María Magdalena Vorfelder (1730-1766).[3]  O seu pai era carniceiro, e Johann axudouno na tenda.[4]

En 1779, á idade de 16 anos trasladouse a Londres para unirse ao seu irmán George traballando na fábrica de pianos e frautas dun tío deles, Astor & Broadwood.[4] Durante esta época, aprendeu inglés e anglicizou o seu nome.[5]

Inmigración aos Estados Unidos editar

En 1783[4], Astor inmigrou a Nova York, xusto ao final da guerra de independencia estadounidense, alugou unha habitación a unha viúva e comezou a filtrear coa filla desta, Sara Cox Todd. Alí tivo a oportunidade de coñecer un comerciante de peles que o inspirou a unirse ao negocio.[1] Tras traballar na tenda do seu irmán Henry durante un tempo, comezou a mercar peles aos nativos americanos, a preparalas, e revendelas en Londres ou calquera outro lugar, obtendo un gran beneficio.[4] Abriu a súa propia tenda de peles en Nova York a finais da década de 1780, e traballou como axente do negocio musical do seu tío.

Inmobiliaria e últimos anos editar

Astor comezou a mercar terras en Nova York en 1799. A comezos do século XIX, comezou a ser máis sistemático, ambicioso e calculador investindo en inmobiliaria na cidade. En 1803, mercou unha granxa de 70 acres. Tamén adquiriu varias propiedades de Aaron Burr, caído en desgraza.[6]

Raramente construía na súa terra, pero alugaba a outros para o seu uso. Trala súa retirada do negocio, pasou o resto da súa vida promovendo a cultura. Apoiou o ornitólogo John James Audubon nos seus estudos, viaxou, e colaborou na campaña electoral de Henry Clay.[7]

Matrimonio e descendencia editar

O 19 de setembro de 1785 Astor casou con Sarah Cox Todd (1762–1842).[8] A súa muller axudaríao nos seus negocios, e levou os asuntos do seu marido cando estaba fóra da cidade.[9] Tiveron oito fillos:

  • Magdalena Astor (1788–1832), casada en primeiras nupcias con Adrian Benjamin Bentzon (1777-1827); tiveron dous fillos: Sarah Todd Bentzon (1813) e John Jacob Astor Bentzon (1818); divorciáronse en 1819. Casou de novo en 1820 co Rev. John Bristed (1778–1855), con quen tivo un fillo Charles Astor Bristed (1820–1874).
  • Sarah Todd Astor (1790–1790), nada morta.
  • John Jacob Astor Jr. (1791–1869), enfermizo e mentalmente inestable.
  • William Backhouse Astor Sr. (1792–1875), casado en 1818 con Margaret Alida Rebecca Armstrong (1800–1872); tiveron sete fillos entre eles John Jacob Astor III (1822–1890) e William Backhouse Astor Jr. (1829–1892).
  • Dorothea Astor (1795–1874).
  • Henry Astor II (1797–1799)
  • Eliza Astor (1801–1838), casada en 1825 con Vincent von Rumpff (1789–1867), sen descendencia.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 EB (1878).
  2. BDNA (1904).
  3. "Maria Vorfelder". MyTrees.com. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 EB (1911).
  5. Herbert C. Ebeling: Johann Jakob Astor - Ein Lebensbild. pp. 63-69.
  6. Burrows, Edwin G.; Wallace, Mike (1998). Gotham A History of New York City to 1898. Oxford University Press. p. 337. ISBN 978-0-19-511634-2
  7. Madsen, John Jacob Astor (2001)
  8. Herbert C. Ebeling. Johann Jakob Astor - Ein Lebensbild, p. 141.
  9. Emmerich, Alexander (1 January 2016). "John Jacob Astor". Immigrant Entrepreneurship: German-American Business Biographies (en English). German Historical Institute. Consultado o 7 July 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar