John Bartram
John Bartram, nado en Darby, Pensilvania, en 1699 e finado en Kingsessing en 1777, foi un botánico norteamericano, considerado o pai da botánica norteamericana.
John Bartram | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de marzo de 1699 e 1699 |
Lugar de nacemento | Darby |
Falecemento | 22 de setembro de 1777 e 1777 |
Lugar de falecemento | Filadelfia |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | botánico, horticultor e escritor |
Fillos | William Bartram |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu no seo dunha familia cuáquera, quedou orfo de nai aos dous anos e quedou ao coidado duns tíos, moi interesado nas plantas axudando nas tarefas agrícolas adquiriu moitos coñecementos sobre elas. En 1729 mercou uns terreos en Kingsessing, a carón do río Schuylkill, preto de Filadelfia e fundou o primeiro xardín botánico dos Estados Unidos. Viaxou por case todo o leste dos Estados Unidos na procura de novas plantas, dende o lago Ontario no norte ata Florida no sur e o río Ohio no oeste. Moitas das plantas que recolleu acabaron en coleccións europeas. Introduciu en América algunhas plantas europeas e fixo experimentos de hibridación. Con Benjamin Franklin foi un dos fundadores da Sociedade Filosófica Americana en 1742. Dende 1765 foi botánico real.