Johann Benedict Listing
Johann Benedict Listing, nado en Frankfurt o 25 de xullo de 1808 e finado en Gotinga o 24 de decembro de 1882, foi un matemático alemán.
Johann Benedict Listing | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de xullo de 1808 |
Lugar de nacemento | Frankfurt |
Falecemento | 24 de decembro de 1882 |
Lugar de falecemento | Gotinga |
Nacionalidade | Reino de Prusia |
Alma máter | Universidade de Gotinga |
Ocupación | matemático, topologista, físico e profesor universitario |
Fillos | Theodore Roloff |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
En 1830 ingresou na Universidade de Gotinga, onde foi alumno de Gauss. En 1834 expuxo a súa tese titulada De superficiebus secundi ordinis. Foi o primeiro en utilizar a palabra topoloxía en vez do termo usual na época de xeometría situs, querendo destacar desa maneira a autonomía crecente desta disciplina.
A partir de 1837 impartiu clases de matemáticas en Hannover, recibindo en 1839 a cátedra de física. En 1847 publicou Vorstudien zur Topologie. En 1858 descubriu as propiedades topolóxicas do que actualmente se coñece co nome de banda de Möbius, de forma independente a este último. En 1862 na súa obra Der Census raumlicher Complexe oder Verallgemeinerung des Euler'schen Satzes von den Polyedern xeneralizou para os complexos simpliciais a Característica de Euler dos poliedros.
Listing interesouse tamén pola xeodesia e a el débeselle o termo de xeoide.