Joaquín Fugarolas Marbán

gandeiro e político galego

Joaquín Fugarolas Marbán, nado en Lugo o 30 de novembro de 1896 e finado en Cidade de México o 5 de xullo de 1967, foi un gandeiro e político galego.

Infotaula de personaJoaquín Fugarolas Marbán
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xullo de 1967 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngandeiro , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gandeiro, exportador de gando vacún. Membro da Sociedad de Oficios Varios da UGT dende novembro de 1930 e afiliado á Agrupación Socialista de Lugo. Foi elixido concelleiro de Lugo na repetición das eleccións municipais o 31 de maio de 1931.[1] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Lugo de onde puido fuxir embarcando á Habana desde onde se trasladou a Valencia e despois a Barcelona. Prestou servizo no Ministerio de Agricultura e na Subsecretaría de Armamento. Finalizada a guerra exiliouse en Francia cruzando a fronteira por Le Perthus o 9 de febreiro de 1939. Estivo internado no campo de concentración de Saint Cyprien ata o 13 de xullo que embarcó no Mexique no porto de Pauillac (Gironde) rumbo a México, chegando a Veracruz o 27 de xullo. Residiu en Cidade de México onde foi conserxe do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1943.[2]

Vida persoal editar

Casou en Lugo con Mercedes Soilán Carreirá.[3]

Notas editar

  1. La Voz de la Verdad, 2-6-1931, p. 8.
  2. BOP Lugo, 11-10-1943, p. 2.
  3. Ficha en Registro Nacional de Extranjeros en México

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar