Joaquín Castro Arias
avogado e xornalista galego
Joaquín Castro Arias, nado en Osedo (Sada) e finado en Buenos Aires o 17 de outubro de 1888[1], foi un avogado e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Sada, España ![]() |
Morte | 17 de outubro de 1888 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , avogado ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Dereito. Foi promotor fiscal, xuíz de primeira instancia e escribano de cámara da Audiencia de Galicia. Colaborou na Revista Gallega de Legislación y Jurisprudencia, dirixiu El Adalid, El Siglo e El Comercio Gallego. Colaborou en El Telegrama. En febreiro de 1880 fíxose cargo da dirección de El Noroeste até a súa marcha a Arxentina. En Buenos Aires organizou os Xogos Florais e colaborou na Revista Galaica, La España Moderna e La Nación Española.