Joaquín Campoamor
Joaquín Campoamor Rodríguez, nado en Navia (Principado de Asturias) o 7 de xaneiro de 1928 e finado en Ferrol o 30 de xaneiro de 2019, foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1928 Navia, España |
Morte | 30 de xaneiro de 2019 (91 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , enxeñeiro |
Empregador | Senado de España Astilleros y Talleres del Noroeste |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Enxeñeiro de profesión, foi escollido polo PSOE para figurar na segunda posición das súas listas ao Senado pola provincia da Coruña en 1982. Nesas eleccións lexislativas resultou escollido senador e permaneceu na Cámara Alta ata 1986[1].
Vida persoal editar
Casado, tivo cinco fillos. Un deles, Joaquín Campoamor Brea, foi xefe de prensa en Ferrol durante o goberno do popular Juan Blanco.