Abrir o menú principal

Jill Clayburgh

actriz estadounidense

Jill Clayburgh, nada en Nova York o 30 de abril de 1944 e finada en Salisbury (Connecticut) o 5 de novembro de 2010 foi unha actriz estadounidense. Foi recoñecida como mellor actriz no Festival de Cannes de 1978 polo seu papel en An Unmarried Woman e foi candidata ao premio Óscar en dúas ocasións.

Jill Clayburgh
Jill Clayburgh.JPG
Nacemento30 de abril de 1944
LugarNova York
Falecemento5 de novembro de 2010
LugarLakeville
Causacancro e Leucemia
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enSarah Lawrence College e Lee Strasberg Theatre and Film Institute
Cónxuxe(s)David Rabe
FillosLily Rabe
Profesiónactriz, actor de xénero, actriz de teatro, actriz de televisión e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Clayburgh asistiu ás mellores escolas grazas á boa situación económica da súa familia. Nunha delas tomou a decisión de ser actriz e estudou no Charles Street Repertory Theater de Boston para trasladarse de novo a Nova York a finais da década de 1960, actuando en varias obras teatrais de Broadway.

En 1970 comezou a súa carreira cinematógrafica, e en 1972 conseguiu o seu primeiro papel importante. Uns anos máis tarde converteuse nunha actriz célebre grazas á súa interpretación en An Unmarried Woman, pola que logrou unha candidatura ao Oscar á mellor actriz. Conseguiu a segunda candidatura pola súa actuación en Starting Over, mais despois dun novo éxito en 1982 a súa carreira no cinema declinou.

A partir dese momento apareceu en filmes con orzamentos baixos, mais traballou intensamente e con éxito en telefilmes e miniseries. Tamén continuou a actuar asiduamente no teatro, medio en que sempre tivo un sólido recoñecemento do público e da crítica.

Faleceu aos 66 anos vítima da leucemia na súa casa de Connecticut.[1]

Vida privadaEditar

Clayburgh foi parella sentimental de Al Pacino durante cinco anos. En 1979 casou co guionista e dramaturgo David Rabe, co que tivo dous fillos.

FilmografíaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar